
punto de araña
Gallec
9788411764698
Editorial Galaxia, S.A.
2025
Preu unitat
17,35 €
Disponible en 3-6 dies
Resum
Premio García Barros 2025 Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes, donos das decisións e dos cartos, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia, as palilleiras —tamén redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira— acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando polas arañas. Tres mulleres temibles, donas do océano e do encaixe, que conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer. Punto de araña é unha novela mariñeira e coral, batida pola escuma das ondas que petan contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres que se rebelan. Unha loa ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen; ás mans que, en silencio, entrelazan o mundo e ás mans das amigas, rede de redes.
EAN
9788411764698
Any
2025
Idioma de publicació
Gallec
Idioma original
-
Traductor
-
Il·lustrador
-
Editorial
Editorial Galaxia, S.A.
Col·lecció
Literaria
Núm. de col·lecció
520
Núm. de volum
461
Enquadernació
Tapa blana o Butxaca
Pàgines
154
Llarg x alt x ample (mm)
150 x 230 x 10